Historia compostellana
De rebus gestis D. Didaci Gelmirez, primi compostellani archiepiscopi, Historia compostellana ou Historia compostelá[1] é unha crónica en lingua latina escrita a partir de 1109 dentro do círculo de Diego Xelmírez, primeiro bispo e despois a partir do ano 1120 arcebispo de Santiago de Compostela.
Descrición
[editar | editar a fonte]A finalidade da obra é rexistrar os feitos realizados por Xelmírez para engrandecer a sé apostólica e dá unha perspectiva dende o reino de Galicia dos sucesos que acontecen no seu tempo, constituíndo deste xeito unha fonte historiográfica de gran valor ao incluír documentos históricos no propio texto.
A Historia compostellana abrangue entre os anos 1100 e 1139 e contense en tres libros. O primeiro redactor foi Nuño Alfonso, cóengo da Catedral de Santiago de Compostela (e bispo de Mondoñedo dende 1112), que comezou o traballo logo da morte do rei Afonso VI de León (1109), aínda que contou con varios colaboradores, principalmente Hugo (cóengo compostelán que sería bispo do Porto, de orixe francesa) e Xiraldo de Beauvais, amigos persoais de Xelmírez. Xiraldo escribiu a maior parte da historia, continuando o labor a partir do ano 1120. Outros colaboradores foron Pedro Anaia e posibelmente, Rainerio o magister.
“ | "Pasados os quince días establecidos, os aragoneses fan a entrega do castelo á raíña. Oh, canta e que excelente gloria militar proporcionou aos galegos aquel día en que o Batallador aragonés se retirou ante eles! Pero moito máis excelente e máis alegre foi cando a valorosa forza de Galicia protexeu a Castela e aos seus cabaleiros do ataque dos inimigos e obrigou a entregar o castelo do aragonés. Oh, vergoña! Os casteláns precisan de forzas alleas e son protexidos pola audacia dos galegos! Que será deses covardes cabaleiros cando o exército de Galicia, o seu escudo e protección, marche?". (tradución ao galego de Wikipedia) | ” |
— Extracto da Historia compostellana, Libro I, Capítulo 90.[2] |
Consérvanse diversos manuscritos da Historia compostellana, os máis importantes os custodiados na biblioteca da Universidade de Salamanca (ms. S, séc. XIII) e no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (ms. A, séc. XIV).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Historia compostelana traducida do latín ao castelán por Manuel Suárez con notas aclaratorias e introdución por José Campelo, 1950.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Así figura citada en Ante a Historia Compostelá, ensaio de Claudio Sánchez Albornoz traducido por María Fe González e publicado pola Editorial Trifolium en 2010.
- ↑ Falque Rey 1994, p. 216.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia compostellana |
A Galipedia ten un portal sobre: Galicia |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campelo, José, ed. (1950). Historia compostelana, o sea hechos de D. Diego Gelmírez, primer arzobispo de Santiago. Suárez, Manuel (tradutor). Santiago de Compostela: Porto.
- Díaz y Díaz, Manuel C.; et al. (2005). "Historia compostellana". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia compostelana. Clásicos latinos medievales y renacentistas (en castelán) 3. Akal. ISBN 84-460-0417-8.
- Flórez, Enrique (1765). España sagrada. Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XX: Historia compostelana (en castelán e latín). Madrid: Marin. OCLC 46247736.
- López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela. Tomo III. Santiago de Compostela: Imp. y Enc. del Seminario Conciliar Central.
- Reilly, Bernard F (1969). "The 'Historia compostelana: The Genesis and Composition of a Twelfth-Century Spanish 'Gesta". Speculum (en inglés) (44): 78–85. doi:10.2307/2855039.
- Souto Cabo, José António (2018). "Liber registri Didaci secundi. Sobre a tradição manuscrita medieval da História Compostelana". Madrygal (en portugués): 239–271.
- Yzquierdo, R. (2012). "La miniatura en Galicia en la Baja Edad Media" (PDF). La miniatura y el grabado de la Baja Edad Media en los archivos españoles (en castelán). pp. 103–156. ISBN 978-84-9911-195-7.